A DEPUTACIÓN CONCÉDELLE Ó CONCELLO DE TUI UN PRÉSTAMO DE 189.829 EUROS A TRAVÉS DA CAIXA DE ANTICIPOS QUE SERÁN INVESTIDOS NO CAMPO DE CALDELAS E NO ALUMEADO DE A MACOA
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a concesión dun préstamo de Cooperación a través da Caixa de anticipos. Segundo informou o vicepresidente da administración provincial, José Manuel Figueroa, o préstamo ascende a un importe de 189.829,71 euros reintegrables en 15 anualidades. Esta cantidade será investida na construción do campo de fútbol en Caldelas (130.405,24 euros) e na instalación de alumeado na pista de atletismo de A Macoa ( 59.424,47). A Caixa de Anticipos é un organismo autónomo da Deputación de Pontevedra para a cooperación financeira coas entidades locais da provincia. A súa función é concederlles préstamos para investimentos, especialmente aqueles destinados a obras incluídas en plans provinciais. No ano 2010 a Caixa de Anticipos de cooperación adiantoulles ós concellos investimentos por importe total de 2,7 millóns de euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario