13 de abr. de 2011

A GUARDA


O CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DA GUARDA INTERÉSASE POLA RECORTES NA OBRA DA RÚA MARIANO ORDÓÑEZ




O presidente e voceiro do Centro Democrático Liberal do Concello da Guarda ben de presentar un escrito no concello da Guarda onde se interesa polas obras da rúa Mariano Ordónez. Ditas obras estánse a facer con fondos da Deputación Provincial de Pontevedra, onde o proxecto consta dunha beirarrúa de 1,80 cm de ancho. Vendo as devanditas obras observamos que ditas beirarrúas teñen 1 metro de ancho. Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda suxerimos por parte do concello, que ditas obras recobren o proxecto orixinal 1,80 cm de ancho en devanditas beirarrúas así como un sistema de pipotes que impidan o aparcadoiro dos vehículos enriba da beirarrúa.



Xermán Cordero Verde Presidente do Centro Democrático Liberal da Guarda
A Guarda a 12 de abril do 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario