ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO A LIMPEZA DO CAMIÑO DOS PEDROUZOS
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
LIMPEZA E ARRANXO DO CAMINHO DOS PEDROUZOS
Tódolos días moitos vecinhos de Camposancos “contemplan” e se escandalizan do aspecto do caminho dos Pedrouzos. Lémbrolle que esta fronte súa casa; a entrada para súa finca, onde se entretén súa nai, a entrada é “decente”, cara o Codesal o caminho é intransitable.
Isto é debido pola erosión da auga, xa que non está canalizada. Ademáis está sen limpar, sendo seu estado de conservación lamentable, en abandono total. Vostede que é un caminhante eclesiástico, e residente en Camposancos, tería que ter un poco de sensibilidade e arranxar o caminho dos Pedrouzos, dáme a impresión que seu pobo non lle interesa e rise dos vecinhos. ¿Esta é súa promoción, defensa de Camposancos?
Dende Esquerda Unida solicitámoslle:
Limpeza do caminho dos Pedrouzos, canalización das augas, e arranxo do caminho para pasear por el.
A Guarda a 13 de abril 2011.
Asdo. : José Antonio González Morais
la verdad que este alcalde lo de limpiar caminos parece que no es de su competencia, porque el que lleva a mi casa (que es nuestra unica vía de acceso), en los casi cuatro años que llevan gobernando sino es porque nosotros le protestamos(y ni asi termina de hacer caso)nunca lo hubieran limpiado.
ResponderEliminar