O PROFESOR XESÚS ALONSO MONTERO E O SECRETARIO XERAL DO PCE, JOSÉ LUIS CENTELLA, PRESENTARON A RUBEN PÉREZ COMO CANDIDATO DE ESQUERDA UNIDA O CONCELLO DE DE VIGO
Rubén Pérez - a esquerda da imaxe -, candidato de Esquerda Unida ao Concello de Vigo, acompañado de José Luis Centella Gómez , Secretario Xeral do Comité Executivo do PCE e da presidencia federal de IU, e o profesor Xesús Alonso Montero.
José Antonio González Morais / Vigo
O acto realizouse no Hotel Ensenada (Rúa Alfonso XIII), de Vigo. Comezou a intervención o profesor Alonso Montero lembrando que a candidatura de Vigo é unha lista de xóvenes e veteranos, e que participa co nº 28. Destacou na súa intervención que todos temos que recuperar a Memoria Republicana (Chamada Memoria Histórica), que os camaradas temos que saír a rúa coa dignidade do ser humano e defender a dignidade do traballo, tendo presente os principios e ideais de Esquerda Unida. Fixo unha proposta ao camarada Rubén para que fixera un chamamento aos antigos camaradas, simpatizantes que están desvinculados de Esquerda Unida dado que hoxe temos unha boa situación motivada polo fracaso do capital e aniquilamento dos dereitos laborais dos traballadores.
Ruben destacou que Esquerda Unida está en contra dos xestores nos concellos, o que conta é un programa electoral con ideoloxía, valores e que sexa o instrumento para lexislar para a maioría que somos un 80%. Lembrou que Esquerda Unida está en contacto coas asociacións sociais, culturais, deportivas,...etc., para visualizar, elaborar o programa electoral de forma colectiva. Esquerda Unida realizará unha campaña preto da cidadanía renunciando o despilfarro da grande publicidade para dar exemplo en aforro. Realizará unha política de transparencia e que fará público todo gasto de propaganda que fai o concello de Vigo na prensa diaria, e levantará a alfombra para que a cidadanía sexa consciente do trapicheo municipal. Que o voto para Esquerda Unida é o único voto que defenderá os servizos sociais e que non podemos renunciar a os servizos públicos como a ensinanza, sanidade, transporte, ...,etc.
Rematou a intervención o camarada e Secretario Xeral do partido Comunista de España e membro da presidencia federal de IU José Luís Centella que lembrou a errática política do PSOE que lexislou en contra dos traballadores incumprindo o programa electoral. Lembrou que os dereitos sociais non son un privilexio, son un dereito para a cidadanía, e non podemos renunciar. Queren impornos unha ditadura tecnocrática.

Dende Esquerda Unida temos que facer a luta pola democracia e recuperar a política, recuperación da reforma fiscal e reforma contra o fraude fiscal. O diñeiro está en algún lado non se evaporou. Afirmou que a crise ten culpables, que a crise é o éxito do capital. Está claro que o capital non resolve os problemas da humanidade, que ZP non pediu contas aos bancos senón todo o contrario, deulles máis cartos.
Que temos que insistir que a cidadanía se implique na política municipal e estatal. Dende Esquerda Unida decimos que estamos INDIGNADOS, que temos que MOVILIZARNOS temos que dar a BATALLA ideolóxica, política e que faremos a luta contra o sistema.

Ningún comentario:
Publicar un comentario