O PRESIDENTE DA XUNTA, PRIMEIRO VISITANTE DA EXPOSICIÓN O LECER DAS AUGAS. HISTORIA DOS BALNEARIOS DE GALICIA
“O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia” é unha exposición que se poderá visitar no Centro Cultural da Deputación de Ourense entre os días 2 e 20 de marzo. Aberta ao público dende hoxe, o seu primeiro visitante foi o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
O máximo dirixente galego estivo acompañado polo Presidente da Deputación, José Luis Baltar; o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, e o director do Centro Cultural, Francisco González, entre outros. Esta exposición coincide coa celebración en Ourense do Congreso Internacional de Turismo Termal, promovido pola Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia coa colaboración da Deputacion provincial e da empresa balnearia Caldaria.
Na mostra recóllese a evolución da cultura balnearia en Galicia, básicamente entre 1700 e a guerra civil española, coas diferentes etapas de balnearios como Mondariz, Guitiriz, A Toxa, Molgas, etc. Tamén inclúe a mostra diverso material de época.
Entre as actividades complementarias, o dia 4 de marzo, ás 20.00 horas, tera Lugar no Centro Cultural da Deputación a presentacion do libro "O LECER DAS AUGAS. HISTORIA DOS BALNEARIOS DE GALICIA 1700-1936"
Ningún comentario:
Publicar un comentario