29 de mar. de 2011

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PROPÓN VARIAS MEDIDAS EN MATERIA DE SEGURIDADE VIAL




De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

SINALIZACIÓN NA RÚA BRASIL - TRANSVERSAL BRASIL e CURRÁS

Se circulamos pola rúa Brasil, chegando ata o cruce das rúas Transversal Brasil e Rúa Curras, un achica velocidade por precaución. Sucede o mesmo se entramos polo transversal Brasil, ou pola rúa Currás. A sinalización e nula, non existe, dende Esquerda Unida creemos que é necesario, mellor dito urxente colocar como mínimo sinalización vertical.

Esperamos que se faga algo pola seguridade vial (como di O Meu Pobo, páxina 19) tendo en conta que estamos falando dun lugar onde se encontra un colexio privado, (Carmelitas).

Dende Esquerda Unida, SOLICITAMOS:

Que o Presidente e responsable de tráfico, xunto cos especialistas fagan os cambios que estimen axeitados para solucionar esta deficiencia.


A Guarda a 29 de marzo 2011.

Asdo.: José Antonio González Morais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario