O veciño Antonio José Uris Alonso, comerciante guardés estabrecido na vila de A Guarda, na súa condición de socio colabourador da Asociación Stop Accidentes, vénlle remesando a traverso do seu correo electrónico, unha pregunta cadía día, o alcalde de A Guarda. Esas preguntas son dirixidas o rexidor a traverso da páxina web do concello guardés. Na posibilidade de que esas preguntas que Antonio José Uris Alonso lle ten dirixido o mandatario municipal, non haxan chegado o seu destinatario, reproducímolas eiquí para xeral coñecemento.
Sr. Alcalde:
¿TIVO UN TEMPO PRA ....
Sr. Alcalde:
Dentro da súa apretada axenda ¿Tivo un tempo pra comprobar a pé que tanto cediño pola mañán, ao mediodía e ao atardecer moitas motos, autobuses camións e coches circulan a unha velocidade máis alta que a permitida por as rúas que cruzan o centro da nosa Vila?
¿Averiguou donde se atopan os efectivos da Policía Local nos fins de semana, xa que a velocidade ainda e máis alta e pouco ou nada se respetan os Pasos de Peons?
A que espera pra arranxar éste grave problema.
¡PORQUÉ NO CRUCE DAS RÚAS…?
Sr.Alcalde:
¿Porqué no Cruce das Ruas Calvario con O Rosal, na Praza de Santo Tomás non se pon un espello pra que os conductores que suben por a Rúa O Rosal miren os conductores e peons que veñen por a Rúa Calvario, xa que a maioría de veces coches mal aparcados obstaculizan a visibilidade no cruce?
Vostede cando sae do Concello pra dirixirse a calquer dirección pasa diariamente por esa Zoa e ten que darse conta.
¿Acaso o Concello non ten cartos pra un espello?
¿PORQUÉ ....
Sr. Alcalde:
¿Porqué cando se fixo o ASFALTADO do PASEO DE PORTUGAL e ROSALÍA DE CASTRO que costóu 149.981,99 euros, non lles pediron a XUNTA Consellería Medio Ambiente, que puxeran en funcionamento o Semáforo de A Sangriña e elevaran varios PASOS DE PEONS, pra Seguridade e Benestar de moitos veciños, veciñas, visitantes, nenas e nenos, mestras e mestres que circulan como Vostede ben sabe por esas Rúas?
Pra o seu saber, isto SI e PREOCUPACIÓN POLA SEGURIDADE VIAL.
¿PORQUÉ NO CONTESTA A ...
Sr.Alcalde:
Vendo a noticia en INFOGAUDA, que teñen o noso total apoio, ¿porqué a ANABAM se lle contesta rápido a información que solicitaron sobre as OBRAS NO ANTIGO ASTELEIRO DE JOAQUÍN CASTRO, e sin embargo aos múltiples escritos que teño presentado tanto como colaborador de Stop Accidentes, como Veciño e Comerciante do meu pobo denunciando que resolvan o GRAVES PROBLEMAS DE SEGURIDADE VIAL que temos?
¿Que teño que faer pra que Vostede se digne a contestar ditos escritos?
¿SABE VOSTEDE?
Sr. Alcalde:
¿Sabe Vosdete canto tempo estivo no Hospital a señora que foi atropelada o venres 14 de Xaneiro a altura do nº 80 da Rúa Galicia cando cruzaba correctamente por un Paso de Peons?
¿ Qué significa pra Vostede ter un accidente leve?
¿Qué disculpa poñería si se atrevese a dirixirse a familia da señora atropelada pra explicarlles o acontecido?
¿Cántos atropelos máis terán que pasar pra que resolvan os graves problemas de Seguridade Vial que temos como Vostede ben sabe?
¿PORQUÉ NON CONTESTA ...
Sr. Alcalde:
¿Porqué non contesta aos escritos que lle pido, denunciando e preguntando porqué non se solucionas os GRAVES PROBLEMAS DE SEGURIDADE VIAL que temos na nosa vila "DESTINO EUROPEO DE EXCELENCIA TURÍSTICA" según vostedes, COA MISMA RAPIDEZ que tiveron en repartir e entregarnos na Copistería o folleto nº13 de propaganda política do seu partido?
Isto significa que o que muitos Veciños incómodos estamos denunciando non e mentira, e co boletín pensarán calarnos ...
¿ESQUECÉRONSE DAS PRAZAS DE MINUSVALÍA?
Sr. Alcalde:
No boletín nª13 de propaganda política dos logros que nos queren vender a os veciños lle pregunto con todo respeto: ¿Se olvidaron de por as fotos das PRAZAS DE MINUSVALÍA das rúas: Avenida Donantes de Sangre, Puerto Rico, Galicia, Diego Antonio Glez., Ramón Sobrino, Circunvalación (o lado do Colexio M.R.Sinde), Rosalía de Castro, Avenida de Portugal (o lado do Instituto de A Sangriña) e moitas máis,ou e que sacarán o boletín nº14 antes das eleccions con más logros e fotos?
PIERDES EL TIEMPO, si esperas una contestación... no eres de su "rollo", y además de estar pidiendo un imposible, como es que reconozca que, además de no entender de urbanismo, tampoco entiendo de seguridad vial. A las pruebas me remito.
ResponderEliminarDe todos modos, es lo que hay en A Guarda, dejación, djación, dejación...