
Transcrebemos o contido da mensaxe que na mañá de hoxe, 21 de marzo de 2011, o cidadán Antonio José Uris Alonso, socio colabourador da Asociación Stop Accidentes, contribuinte e cidadán de pleno dereito, tivo a ben remesarlle o rexidor municipal do concello de A Guarda.
Sr. Alcalde:
¿Déuse conta no erro que teñen na valla publicitaria de pre-campaña na que sae a súa foto con un mensaxe errático?
Tiñan que pór o mensaxe:
"PRA SEGUIR IGNORANDO OS GRAVES PROBLEMAS DE SEGURIDADE VIAL QUE TEMOS NA NOSA VILA, E TAMÉN PRA SEGUIR IGNORANDO A MOITOS VECIÑOS QUE LLOS ESTAMOS RECORDANDO".
Seguriño que este mensaxe calaría moito mellor nos veciños.
Pénseo ben que ainda está a tempo en correxi-lo.
Non nos valen promesas nas campañas das eleccións municipais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario