O CLUB DE REMO CHAPELA CONQUERIU A XIII BANDEIRA CONCELLO DE A GUARDA, MEMORIAL ANTONINO TORRÓN FERNÁNDEZ
- Robaleira acadou dúas victorias: Xuvenís féminas e Infantiles masculinos
O evento contou con moita afluencia de público que disfroitou con un programa de 22 probas no que competiron 62 equipos dos devanditos clubes.
O Club de Remo Chapela conqueriu a XIII Bandeira Concello de A Guarda de Bateis, Memorial Antonino Torrón Fernández, acadando 36 puntos.
Vilaxoán, con 30 puntos, acadou a 2ª posición e Amegrove, con 27, a 3ª.
A Bandeira de Honra foi para o Club de Remo Chapela, de Redondela, que sumou máis puntos, xa que súas tripulacións remaron con máis ansia e dese xeito tamén foron a equipa máis regular. Asemade, conqueriron ás correspondentes victorias en Xuvenil masculino - categoría na que se amosan intratables - e na categoría absoluta masculino.
Compre salientar que os remeiros de Robaleira - o clube anfitrión deste fermoso evento deportivo - acadaron tamén dúas victorias, en xuvenís féminas - 3ª victoria da tempada - e en infantil masculino.
Vilaxoán, con 30 puntos, acadou a 2ª posición e Amegrove, con 27, a 3ª.
Ningún comentario:
Publicar un comentario