19 de mar. de 2011

A GUARDA

O ACADÉMICO E PROFESOR XESÚS ALONSO MONTERO FALOU NO IES A SANGRIÑA SOBOR DA CULTURA GALEGA NO EXILIO
José Antonio González Morais / A Guarda
No instituto da Sangrinha realizouse unha conferencia sobre "A Cultura Galega no exilio", organizada por Gustavo e Pablo, estudantes de 2º de Bacharelato.
Comenzou con unha exposición de fotografías en blanco e negro, presentación de Xesús Alonso Montero, catedrático da lingua na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor e conferenciante, etc.
Como é costumbre en Xesús Alonso Montero a conferencia estivo moi animada, amena, interesante,...etc.
Lembrou parte da súa infancia antes da guerra civil ata hoxe en día, deu unhas pinceladas para facer pensar a os alumnos sobre o actual galego e as novas imposicións da lingua galega que algúns fan, lembrou as dúas maneiras de ensino para senhoritos e republicanos. Lembrou aos grandes escritores galegos así como os exiliados traballadores que pasaron máis penurias que os intelectuais.
Deixou no ar a memoria de Mª Miramontes modista de "alto postín", e Ánxel Casal.
Rematou o acto con lectura de un poema, e agasallo (Libro) de Xesús Alonso Montero aos organizadores do acto, asegurando que este día estará marcado en algún lugar, xa que foi a primeira vez que uns alumnos organizan un acto como este.

1 comentario:

  1. Moitas grazas de parte dos organizadores do acto, gracias (non grazas) pola atención e a toma de fotografías. En resumo, a conferencia e o acto foi interesante en todos os aspectos. Foi unha charla íntima, que rematou cun pequeno concerto de alto nivel por parte de Fran.
    Desexamos que gustara a todo o mundo e intentaremos facer algún outro evento deste nivel.
    Saudos e gracias.

    www.quepaseltiempo.blogspot.com
    Blog personal.

    ResponderEliminar