7 de mar. de 2011

A GUARDA

O Alcalde da Guarda, X.M. Freitas, recoñece ao BNG que gastou máis de 8.000 € nos calendarios de nadal
“Para o BNG hai algo de mala conciencia e nerviosismo por parte do Alcalde, con tanta xustificación do gasto realizado”

Xan Lois Lomba Alonso, voceiro municipal do BNG no concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O BNG amosa a súa sorpresa ante a disparidade das cifras dadas polo Alcalde X.M. Freitas, que no pleno de xaneiro falaba dunha primeira edición de calendarios por valor de 3500 € e recoñece case mes e medio despois que a cantidade é de case 6000 €.
O pasado 21 de decembro o BNG presentou un escrito por rexistro onde se preguntaba polo custe do calendarios repartidos naquel momento por parte do concello. Ante a falta de contestación por parte do goberno municipal o Portavoz do BNG, Xan Lois Lomba, volveu reiterar as preguntas no pleno de xaneiro, contestando o Alcalde, X.M. Freitas, que houbera dúas edicións e que a primeira tivera un custo de 3500 €. O BNG, ante a falta de datos, volveu remitir un escrito ao Alcalde que foi contestado con máis dun mes despois onde as cifras cambiaban ostensibelmente. De feito, a primeira tirada non custou os 3500 € que nun primeiro momento se dixeran se non 5.782 €, e o custe total foi de 8.356 €.
O escrito chegou ás mans do BNG o día 1 de marzo, e apenas 24 horas despois, emítese unha nota de prensa preventiva dende o Concello, ante unha posíbel contestación do BNG, algo que nunca antes sucedera.
“Esta forma de actuar demostra que hai algo de mala conciencia e nerviosismo por parte do Alcalde da Guarda e do seu grupo de goberno, con tanta xustificación do gasto realizado”, comentou Xan Lois.
Calquera que lle bote unha ollada ao calendario sabe ben diferenciar entre obras que hai que vender e lugares de interese, entre a idoneidade ou non desta iniciativa, o que é xa máis difícil é xustificar que isto se faga con cartos públicos para os tempos que corren.

1 comentario:

  1. querido xan:
    soio te preocupan os cartos que se gastaron nos famosos calendarios, pero do tema do ADOCTRINAMIENTO politico que facedes nas aulas do instituto da sangriña non queredes decir nada, porque sera?, acaso non e tan importante un tema que o outro?, ou o que facedes vos esta ben e o dos demais non,pois te informo que o ADOCTRINAMIENTO e ILEGAL e vos o savedes.

    ResponderEliminar