4 de feb. de 2011

OURENSE

AURICHU PEREIRA INAUGURA O VENRES A SÚA EXPOSICIÓN MEU COUREL IMAXINARIO





A exposición "Meu Courel imaxinario", da pintora Aurichu Pereira, reúne preto de oitenta obras realizadas nos últimos anos, en distintos formatos e técnicas. Inaugurase o venres, día 4 de febreiro, ás 20:15 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
A artista propón unha viaxe pictórica a través da metáfora, por paisaxes próximas como a do Courel ou familiares como a do seu recuncho de Aguiar, onde ten o seu estudo.

Esta recente produción mantense vinculada a un discurso abstracto, intimista, rendido ao xesto, á forza da materia e á intensidade da cor e a mancha, un discurso que se aproxima a aquela convicción de Kandinsky de "espertar o visible dende o interior", e que, por outra parte, afasta a pintura de Aurichu Pereira daqueles primeiros e decesivos pasos, na década dos setenta, cando cunha estética figurativa se presentaba nunha exposición colectiva organizada por Luis Seoane, un dos que alentou a súa vocación, a quen admirou e con quen compartiu o compromiso de invocar o valor do próximo.

Meu Courel imaxinario inaugúrase o venres 4 de febreiro, ás 20.00 horas no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario