SULA REPANI E A PINTURA COMO FILOSOFÍA DE VIDA

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do catálogo da exposición da artista grega afincada en Ourense, Sula Repani. A exposición que se inaugura esta tarde, e que permanecerá aberta no Centro Cultural ata o vindeiro 6 de marzo, titúlase Periplanisis, unha palabra que a autora traduce como “deixándose ir”. “Na miña obra mestúrase unha filosofía de vida que ten como obxectivo último a libertade do ser humano; unha libertade que quero transmitir na miña o bra para que o espectador non se sinta encorsetado, e poida soñar e imaxinar libremente”.
Pola súa banda, o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán, dixo na presentación que a obra de Sula Repani “non é unha pintura meramente reprodutiva, senón que a realidade mestúrase coa imaxinación, e isto é algo que engrandece aos creadores porque o pintor debe ir máis aló da mera representación, porque para plasmar a realidade tal como é xa está a fotografía”.
A mostra está composta por medio cento de obras, e o catálogo ten como novidade que é a primeira vez que o Centro Cultural edita unha publicación escrita e grego, ademais de en galego e castelán. Isto permitirá darlle á exposición, ao catálogo de Sula Repani e tamén a Ourense una promoción máis internacional, pois xa existen contactos para que o catálogo sexa distribuído en Grecia, Bélxica e outros países de Europa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario