10 MILLÓNS DE EUROS PARA O PLAN PROVINCIAL DE OBRAS APROBADO HOXE POLA DEPUTACIÓN
O Pleno da Deputación de Ourense celebrado hoxe aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2011, que terá un orzamento de case 10 millóns de euros (9.794.826 €) coas achegas da Deputación de Ourense, o Ministerio de Política Territorial, a Xunta de Galicia e os concellos da provincia de Ourense.
As obras que se van realizar nos concellos son as referidas a saneamento, canalización e abastecemento de augas; construción e melloras de instalacións deportivas; pavimentación de rúas, mellora de beirarrúas e construción de camiños; reformas de alumeado público, así como acondicionamento de contornos públicos e áreas de recreo. Tamén contempla o plan a construción de piscinas e vestiarios, acondicionamento de locais sociais e velatorios, construción de sistemas de depuración e mellora de redes viarias.
En total son 187 obras de servizos e infraestruturas as que se levarán a cabo dentro do Plan provincial de Obras e Servizos aprobado pola Deputación de Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario