A DEPUTACIÓN DE OURENSE DESTINA 3 MILLÓNS DE EUROS A MELLORAR AS ESTRADAS DA PROVINCIA
A Deputación de Ourense destinará ao longo deste ano 2011 un total de 3 millóns de euros para melloras da rede viaria provincial. Este Plan especial de investimentos na rede viaria foi aprobado polo pleno da Deputación e contempla actuacións tanto nas infraestruturas viarias de titularidade provincial como municipal. O financiamento das obras corresponde ao 100% á Deputación de Ourense.
O Servizo de Vías e Obras da Deputación elaborou un mapa de necesidades das melloras que deben levarse a cabo nas estradas, as cales, no que atinxe ás vías de titularidade provincial permitirá destinar 1,5 millóns de euros para mellorar as seguintes estradas: Bande-Barxés, Lobeira, Grou, Ponte dos Gozos-Parada do Sil, Petín-Carballal, Vilarchao-A Peroxa-Barra de Miño, Albarellos-Oímbra, A Veiga-A Ponte, Brués-Portela da Cruz, A Casilla-Barra de Miño, Crespos-Ponte Cantiño, Baltar-Randín, Valdepereira-Maside, Toén-Arnoia e San Cristivo-Leiro. No plan complementario tamén se inclúen as estradas que unen Vilardevós e Vilarello da cota, A Manchica e Gundiás e Xinzo de Limia con Vilar de Barrio.
Polo que respecta á rede viaria municipal, a Deputación de Ourense investirá 1,5 millóns de euros para melloras en vías e estradas dos seguintes concellos: Melón, Paderne de Allariz, A Veiga, Calvos de Randín, Vilamartín de Valdeorras, Cortegada, Barbadás, Bande, Maceda, Cualedro, Lobeira, Monterrei, Padrenda, Rubiá, Verín, Vilardevós, Parada do Sil, Castrelo do Val e Vilar de Santos. No plan complementario inclúense tamén os concellos de: Pobra de Trives, Porqueira, Castro Caldelas e Ourense (neste caso para o afirmado da estrada en Ceboliño).