A DEPUTACIÓN CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO PREMIO CARRACEDO DE XORNALISMO
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da convocatoria do premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo 2011” que anualmente convoca a institución provincial. A este premio poderán presentarse todos os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos ou audiovisuais, en calquera das súas modalidade. As candidaturas deberán entregarse antes do día 1 de marzo.A dotación do premio será de 8.000 €, que se distribuirán do seguinte xeito: un primeiro premio dotado con 5.000 € e un segundo premio, dotado con 3.000 €. As propostas para optar ao premio poderán sr, indistintamente, presentadas polos propios interesados, pola dirección do medio no que foron publicadas, por institucións, asociación, colectivos, persoas individuais ou polo propio xurado.
Os traballos ou conxuntos de traballos –gráficos, escritos ou audiovisuais-, que participen no concurso, terán que estar publicados en medios de comunicación galegos ou referidos a Galicia, entre o día 1 de xaneiro de 2010 e o día 31 de decembro do mesmo ano. O xurado do Premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo” estará presidido por un membro da Corporación Provincial e como vogais estarán catro membros designados pola Comisión de Educación, Cultura e Deporte.
O prazo de recepción de propostas e presentación de traballos pecharase o día 1 de marzo de 2011. Os actos de entrega coincidirán co día 3 de maio (Día internacional da liberdade de prensa). As propostas deberán ir acompañadas de seis fotocopias, tamaño folio, da páxina ou páxinas en que foron difundidas, nos casos das publicación. Se se trata de traballos audiovisuais, presentaranse seis copias en casete compacto ou en formato doméstico, segundo os casos. Se os traballos sen asinarse ou con seudónimo deberá achegarse un certificado do director do medio, no que conste a data de emisión e nome ou nomes dos autores.
Os traballos remitiranse á Deputación de Ourense, rúa Progreso, 32, baixo o epígrafe de “Premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”.A participación neste premio implica a aceptación das bases. A resolución do xurado será inapelable. Quedan excluídos de participar neste certame os funcionarios e o persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. Valorarase de xeito positivo a realización e presentación de traballos en lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario