ESQUERDA UNIDA CALIFICA DE FRAUDE LITORAL A SENDA DAS FALDRAS DO MONTE SANTA TREGA
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
Stop ao despilfarro
Na pasada marusía a natureza puxo algo no seu sitio, falo do chamado paseo litoral que dende Esquerda Unida nomeamos fraude litoral.
Fraude porque é o impedimento de saída do porto Guardés, por ser un caminho ante natural que non encaixa co medio, ademais dende a fonte quente ata porto madeiro e un caminho que impide o acceso ao mar. A madeira na parte alta ao chan en moitos sitios supera os 50 centímetros de altura e na súa veira hacia o mar deixaron unha parede de seixos para que non se poida pasar, e sobre todo a xente maior.
O Caminho esta diferenciado en dúas partes, unha parte sólida, arras do chan (A Guarda) e outra parte alta e ante natura (Camposancos).
¿Porque non limpan, mantenhen os caminhos naturais na zona?, se estiveran limpos seria un paseo natural e integrado co medio, e se evitaría o despilfarro de cartos públicos, e ademais servirían para que os propietarios das fincas poidan ter acceso a elas. A forza do mar quita a razón dos senhores que ganhan medallas do EDEN, disenhadores do proxecto...etc.
Seguramente a madeira que arrancou o mar volverase a colocar, se é así, o lóxico sería colocala onde a natureza deixou súa sinatura. (Xa se encargará o mar de volvela arrancar)
Se polo paseo marítimo caminha,...moita xente cal é a razón de que en porto madeiro non este o contenedor de lixo. ¿Onde están as papeleiras no percorrido do paseo? ¿Onde esta o alumeado ecolóxico? ¿Porqué as sinais están rotuladas en espanhol?
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Que se limpen os caminhos naturais e reparen o chan con materiais axeitados.
Que non se malgaste mais dinheiro público en un paseo ante natura.
Que se coloquen as papeleiras.
Que se rotule en Galego.
A Guarda a 26 de febreiro 2011
Asdo.: José Antonio González Morais