3 de xan. de 2011

A GUARDA

BRILLANTE CONCERTO DO GRUPO VOCAL ESCOITEN




Infogauda / A Guarda


Grazas á formidable disposición dos seus compoñentes, á cidadanía de A Guarda tivo este luns, día 3 de xaneiro de 2011, unha oportunidade magnífica para disfroitar coa calidade interpretativa do Grupo Vocal Escoiten, que a partires das 19:30 h., ofreceu un brillante concerto na igrexa de San Bieito.

Dirixido por Plácido Travieso, o Grupo Vocal Escoiten interpretou: "Corde natus ex Parentis" (Canto Chan / J. Domínguez); "Enatus est Emmanuel", de M. Praetorius (1571-1621); "Ave María", de J. Arcadelt (1505-1568); "Tres Motetes - Lux Fulgebit", de J. Domínguez; "Illuxit nobis hodie", de A. Alcaraz.

Na segunda parte do concerto, o programa que interpretou o Grupo Vocal Escoiten foi o seguinte: "Sing with Gladness", de R. Emerson; "Birjiña maite", de P. Travieso; "From a Distance", de J. Gold; "White Christmas", de Irving Berlin (1888-1989); e "Deck the Hall", de A. Snyder.

Fora de programa, e como agradecemento á entusiasta resposta do público asistente, o Grupo Vocal Escoiten interpretaría unha panxoliña en euskera e un vilancico galego.

O Grupo Vocal Escoiten, que o pasado domingo acadou o terceiro premio no certame de vilancicos que tivo lugar na S.I. Catedral de Tui, está formado por: Julia Cea Cabanelas e Carmen María Cividanes (Sopranos); Rocío Fernández e Fabiola Vicente (Contraltos); Iván Vale Fraga e José María Jiménez (Tenores); Paulo Gacio e Gonzalo Castro (Baixos).

Compre salientar que dúas xóvenes guardesas (Carmen María Cividanes e Fabiola Vicente), son compoñentes do Grupo Vocal Escoiten.

Ter á oportunidade de disfroitar escoitando as voces do Grupo Vocal Escoiten foi unha impagable ledicia xa que por uns intres sentímonos transportados no tempo e no espacio, pois a actuación do Grupo Vocal Escoiten acadou unha brillantez pouco habitual, evocándonos nalgunhas das obras interpretadas, o fermoso canto dos vellos mosteiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario