CESIÓN DE PODERES NA RESTAURACIÓN GUARDESA
Reportaxe (Fotografías e texto): Herme Martínez González / A Guarda
Onte xoves, levouse a cabo unha cesión de poderes no Restaurante Gran Sol. Lola ten o honor de ceder a actividade e instalacións do coñecido Restaurante Marisquería, a Enrique e a súa familia, que ten unha gran tradición como asadores, non en ván rexentan dous establecementos de similares características en Madrid. A partires do vindeiro mes de febreiro, rexentará os coñecidos fogóns, baixo a denominación de ASADOR MADRILEÑO SIERRA DE MADRID, antes Gran Sol, explotando o mesmo cunha nova fórmula, pasando de Marisquería a asador, se ben para este xiro de 360º fixo falta levar a cabo uns pequenos cambios, como foi a sustitución da cociña de leña que fixo famosa a Lola e o Gran Sol, por un forno tradicional de leña. Mantendo o espíritu do local, e do bo facer que consiste en productos de primeira calidade, que se antes viñan do mar, agora virán de terra adentro, unha dose de cariño no traballo, e a paciencia dun asado a fogo lento, que terá lugar no novo forno tradicional de leña.
Para a execución deste forno, viñeron de Castela dous profesionais que construiron durante o Nadal o forno de leña cun diámetro de 2,20 m, coas técnicas tradicionais, para que o temple, o tempo, e o ollo de Enrique que estará o pe do Fogón, nos deleite o gosto con lechazos e cochinillos asados, maridados cos caldos de Castela, e do Baixo Miño, acompañados de xamón e chacinería de primeira, traída ex profeso, polo que xa non teremos que emigrar a Castela para degustar ditas viandas.
O traspaso de poderes tivo lugar nun xantar, co motivo do bautismo do forno, de xeito, que fixo falta traer unas pezas de Castela, para poder tantear o tiro, e o temple deste.
No xantar, acompañaron a Enrique e a súa dona, Lola e o seu home Xaime, o Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o Alcalde de O Rosal, Jesús Mª Fernández, familiares e amigos de ámbalas dúas familias.
Nestes días continuará o traspaso de poderes, mentras se rematan e pulen os pequenos detalles que faen que un bo traballo, sexa un traballo excelente.
A apertura e inauguración terá lugar na segunda semán do vindeiro mes de Febreiro. Enrique seguirá templando o forno unhas semans máis para que perda a humedade, da súa execución, para que esté óptimo, e así poder degustar os lechazos e cochinillos no seu punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario