Ciclo de conferencias sobre Cristina García Rodero / CGAC
Con motivo da exposición Transtempo, o CGAC organiza os días 3 e 10 de febreiro , un Ciclo de conferencias sobre Cristina García Rodero. Invitados como Rosa Olivares (directora e editora de Éxit, Imagen y cultura ), Manuel Sendón (profesor, artista e comisario), Xurxo Lobato (fotógrafo) e Xosé Ramón Mariño Ferro (antropólogo), exporán diferentes visións disciplinarias sobre a obra e a mostra da artista.
Horario : 19- 21h
Matrícula : gratuíta e aberta
As persoas interesadas en obter un certificado de asistencia, deberán inscribirse chamando ao teléfono 981 546 602 ou enviando un email a cgac.educacion@xunta.es, especificando nome completo, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto.
Virginia Villar
Servizo de Actividades e Proxectos Educativos
CGAC
Ningún comentario:
Publicar un comentario