21 de xan. de 2011

A GUARDA

HOXE VENRES, ASEMBLEA DA CIG NO CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE A GUARDA





Este venres, 21 de xaneiro de 2011, ás 21.00 horas, terá lugar no Centro Cultural e Social de A Guarda, un acto da Confederación Intersindical Galega (CIG), con motivo da folga xeral convocada para o 27 de xaneiro. Neste acto os sindicalistas nacionalistas aportarán informacións sobor das modificacións que se están negociando en Madrid arredor da reforma das pensións. Para elo estará presente na asemblea informativa o secretario de Organización da CIG, na comarca de Vigo, Anxo Iglesias que adiantará as consecuencias que van ter para a clase traballadora as pensións que se percibirán a partires de agora.


Ningún comentario:

Publicar un comentario