3 de out. de 2010

O ROSAL


O BNG demanda da Xunta solucións ás canalizacións de augas do VAC Tui - A Guarda en Tabagón

Alberte Alonso Pereira, Responsábel Local e Candidato do BNG no Rosal


As canalización poñen en perigo as vivendas que se atopan na parte baixa da Vía de Alta Capacidade

Infogauda / O Rosal


Unha proposta do Bloque Nacionalista Galego (BNG) propiciou que O Rosal demande da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, solucións ás canalizacións de augas que se están a realizar nas obras do Vial de Alta Capacidade Tui – A Guarda, que segundo os nacionalistas, provocarán serios problemas as vivendas que se atopan a beira do seu leito.

O BNG denunciou na súa proposta, que as augas que antes se recollían de xeito natural polo monte, agora canalízanse e concéntranse, verténdoas a un regato natural. Segundo manifestou Alberte Alonso, candidato a alcaldía da formación nacionalista, “isto provocará que no inverno e en épocas de chuvias fortes, se desborde o regato natural, pondo en perigo as vivendas situadas á beira do seu leito”.

A moción presentada polo BNG, recibiu o apoio da corporación, que terá que dirixirse a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que lle dea unha solución a este problema “antes de que teñamos que lamentar estragos nas vivendas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario