3 de out. de 2010

A GUARDA


ANÁLISE DAS POSIBLES CAUSAS, PREVIAS A UN DISPARO DE REVÓLVER

Antes, moito antes, de que acontecesen os sucesos que na tarde do pasado venres día 1 de outubro de 2010, tiveron lugar na rúa Porto Rico, de A Guarda, e que motivaron a intervenzón n´un primeiro intre, da Policía Autonómica, que por outros motivos estaba na vila guardesa, e posteriormente da Garda Civil e da Policía Nacional, para proceder o escrarecemento dos feitos, no que unha persoa resultou ferida por arma de fogo; xa os veciños habían dado a voz de alarma. Voz de alarma que viña motivada pola presunta ocupación ilícita do inmoble que fora propiedade do relembrado e apreciado médico e ex-alcalde de A Guarda, D. Hermelindo Portela Gómez, por individuos que o parecer perturbaban a normal convivencia veciñal.
Ainda que a voz de alarma dos veciños da rúa Porto Rico – da que nos fixemos eco en Infogauda - foi atendida puntualmente en diferentes ocasións, pola Policía Local de A Guarda, as referencias veciñais víñannos indicando que non tivera o efecto disuasorio desexado. Tal foi así, que mesmo nos dias previos á festividade de Santa Trega, tíñamos coñecemento da irrupción nocturna de algún individuo estrano, en vivendas deshabitadas próximas a Praza de San Bernardo, que o abeiro da noite mantiña unha ruidosa “actividade”. Falábase da posibilidade de que se tratase de furtos – o parecer adoitaban entrar nos inmobles aproveitando algunha abertura sen protección - de materiais (cableado e tubaxes) que arrincaban das referidas vivendas. Como é natural, dixémoslles os veciños que nos facilitaron á información, que presentasen os correspondentes escritos de denuncia dos feitos diante da Policía Local e do Concello de A Guarda para que quedase constancia das súas inquedanzas e ás autoridades adoitasen as medidas oportunas. Non nos consta que os veciños chegasen a presentar por escrito, as denuncias deses presuntos furtos. Máis do que sí temos constancia e que os veciños da rúa Porto Rico xa puxeran en coñecemento das autoridades locais o que estaba acontecendo na casa que fora de D. Hermelindo e dos lexítimos temores veciñais, debido á presenza de individuos que non somentes ocuparan presuntamente esa casa, senón que desenvolvían nela, desde fai uns dous anos, supostas actividades ilegais.
A vista do que aconteceu o pasado venres, e do que deron conta diversos medios de comunicación social, quedou perfectamente craro que a preocupación dos veciños estaba plenamente xustificada, xa que segundo ás informacións as que tivemos acceso, na tarde do venres no interior dunha vivenda próxima a casa que fora de D. Hermelindo, produciuse unha suposta sustracción de bens propiedade de un veciño da rúa Porto Rico, e posteriormente un forcexeo cando o afectado polo acto delictivo dirixiuse os individuos – o parecer con amplo historial delictivo por consumo e tráfego de substancias non permitidas - que ademáis de entrar presuntamente na súa casa, violentando súa intimidade familiar, leváronse alguns bens (un ordenador, un televisor e un teléfono móbil) da súa propiedade, que tentou recuperar. A partires dese intre, produciuse un forcexeo e no decurso do mesmo houbo un disparo accidental de arma de fogo que feriu a un individuo que precisaría de atención médica no Centro de Saúde de A Guarda e posteriormente no Hospital do Meixoeiro. Todo o demais, xa corresponde as dilixencias que está instruindo a Garda Civil e das que as autoridades xudiciais competentes efectuarán ás actuacións que proceda.
A vista dos feitos, véñennos a mente varias preguntas que deberían te-las correspondente respostas por parte dalgunhas autoridades locais:

1ª.- Porqué se chegou a esa perigosa situación?

2ª.- Quen tiña a responsabilidade de adoitar ás medidas oportunas para que eses sucesos non chegasen a producirse?

3ª.- Qué actuacións houbo – se é que as houbo - por parte da Xunta Local de Seguridade para tentar erradicar ese foco de problemas que os veciños da rúa Porto Rico habían denunciado oportunamente?

4ª.- De quen sería a responsabilidade se nos sucesos do pasado venres se hubera producido un feito luctuoso?


Esas respostas deberan da-las públicamente as autoridades competentes. Probablemente non darán resposta ningunha, máxime cando algúns utilizan a maioría absoluta de xeito absolutista. O que sí está craro é que unha vez máis, a falla de previsión e da necesaria anticipación os feitos, e mesmo a irresponsabilidade - por inacción - dalgunhas autoridades quedou de manifesto. Logo de que pasara o que pasou, non vale con que un persoeiro municipal se achegase a rúa Porto Rico para coñecer o que había acontecido. Con panos quentes non se arranxan os problemas veciñais. Cando un persoeiro ostenta unha representación oficial non basta con se-lo, tamén hai que parece-lo. A súa presenza nese lugar foi cando menos a destempo. Tiña que haber actuado fai polo menos dous anos, demandando o necesario apoio institucional e das Forzas de Seguridade do Estado, para erradicar ese foco de perigosidade que semella a él non lle había quitado o sono, pero que sí llo quitara, desde fai tempo, os veciños da rúa Porto Rico.
O venres pudo haber unha desgraza. Afortunadamente non foi así.
Haberá que agardar a que haxa algunha víctima mortal para que algúns, dentro da legalidade democrática, actúen?
Por outra banda, cándo se combatirán os “abastecedoiros” de substancias ilegais que existen no termo municipal de A Guarda e que están en activo desde fai anos?
Se algúns pretenden enmascarar á realidade, o único que fán e trasladarlles os problemas os veciños, e cando se está en certos cárregos públicos, non é somentes para cobrar unhas suculentas retribucións á conta dos contribuintes, nin para locerse nas procesións eclesiásticas ou sentar o cú en sitiais preferentes e reservados. É para actuar antes de que pasen as cousas, non para aparecer en escea mesándose a barba, e tentar quedar ben. Para iso non fai falla persoeiro algún.


COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Eu so quero faer unha pregunta:
Nesa rúa vive algun membro do equipo do españolito?
Penso que non, por que se así fose xa estaba erradicado ese problema, que a eles non lles preocupa coma outros que se denuncian no concello; e mais pasan de todo por que tan so lles preocupa COBRAR.

Anónimo dixo:
En vez de tanto EDEN EUROPEO que se poñan a faer cousas boas por a xente do pobo, fai máis de dous anos que estaba pasando o problema, os veciños necesitan seguridade, tranquilidade.
Pra que están as asociacións de axuda aos toxicómanos cando esa xente necesita? Menos obras faraónicas e inservibles do plan ZP (menudo chasco da capital do reino ) e máis obras sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario