3 de out. de 2010

A GUARDA

O FORTE TEMPORAL DE VENTO E CHOIVA CAUSOU DANOS NA CUBERTA DO COLEXIO PÚBLICO MANUEL RODRÍGUEZ SINDE


Infogauda / A Guarda

O longo deste domingo día 3 de outubro de 2010 o temporal de vento e choiva causou danos de diversa entidade, con anegamentos de auga, tanto en vivendas como en estabrecementos comerciais, así como danos nas cubertas de varias vivendas de A Guarda e súa contorna, si ben onde máis incidencia tivo o adverso metereolóxico foi no Colexio Público Manuel Rodríguez Sinde. En pleno temporal, e con refachos que - na Estación automática de Castro Vicaludo, en Oia - superaron os 145 km/hora, segundo datos de Meteogalicia; a cuberta do devandito centro educativo resultou seriamente danada, o que conlevou a entrada de auga da choiva nas instalacións, e que motivou unha intervención inmediata para evitar danos maiores, por parte de efectivos do GRUMIR e da Policía Local de A Guarda. De tódolos xeitos, nas vindeiras xornadas serán os obreiros os que deberán reparar os importantes danos causados polo primeiro temporal deste outono que comezou a pasada semana.
Asemade tamén caiu unha árbore no Paseo de Portugal, que tivo que ser retirada da vía pública por membros do GRUMIR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario