PLÁCIDO ALVAREZ: O TERMALISMO É TURISMO DE CALIDADE
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle entre os días 16 ao 18 de setembro o “IX Encontro de Vilas Termais”, que reúne en Ourense a representantes institucionais, técnicos e expertos en termalismo de toda España, quen ao longo de tres xornadas están a debater sobre o futuro deste sector estratéxico para a provincia de Ourense.
Hoxe tivo lugar a inauguración do encontro coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez; o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; a concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Ana Garza, e o presidente da sección de Vilas Termais da FEM, Francisco Escobedo.
Hoxe tivo lugar a inauguración do encontro coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez; o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; a concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Ana Garza, e o presidente da sección de Vilas Termais da FEM, Francisco Escobedo.
Plácido Álvarez dixo no seu discurso que este IX Encontro de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais, “converte a Ourense no foco de atención do termalismo, que é sinónimo de turismo de calidade. Desde a Deputación de Ourense e o Inorde, e desde os diferentes concellos da nosa provincia, estamos valorizando, xunto co termalismo, o patrimonio histórico-cultural, a paisaxe, a eno-gastronomía, sustentados no noso mellor produto: a xente, e nun produto para a alma: o silencio, que é todo un luxo”.
O vicepresidente da Deputación afirmou que para valorizar estes produtos e conseguir unha oferta de destino máis sólida, “debemos traballar en factores como: identificar e actuar sobre as deficiencias, sensibilizar e estimular ao sector empresarial, lograr o consenso da poboación a través da participación, formación e información, satisfacer a demanda e aplicar a calidade ao espazo”.
Os expertos en turismo e Termalismo coinciden en que é o momento de adaptarnos ao cambio que se xera no consumidor e que, basicamente, vén dado por novos hábitos e novos servizos: polo fraccionamiento das vacacións (escapadas curtas), e pola chegada a Galicia dos voos de baixo custo e baixo prezo e das novas tecnoloxías.
“En Galicia hai un antes e un despois de internet –explica Plácido Álvarez-: o 80% do turista que visita Galicia programa as súas viaxes a través de Internet, e Ourense debe de ser un referente para o turismo termal europeo, e estamos en disposición de ofrecer produtos termais de alta calidade e de satisfacer a demanda do consumidor, pero para elo é urxente, desde as administracións, facer un esforzo investidor en infraestruturas, recursos humanos, transporte e telecomunicacións, e medio ambiente”.
Os intervintes na xornada inaugural coincidiron en que a “auga” ten que ser a primeira marca de identidade da provincia de Ourense, e por elo consideran importante que as vilas termais teñan un distintivo que as diferencie doutras cidades, e tamén consideran necesaria dispoñer dunha sinalización específica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario