STOP ACCIDENTES AGRADECE A ASOCIACIÓN ÁBACO O SEU APOIO E PREOCUPACIÓN POLOS GRAVES PROBLEMAS DE SEGURIDADE VIAL QUE TEMOS NA VILA DE A GUARDA

Desde STOP ACCIDENTES damos ás grazas a ÁBACO (Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ) que voltaron a pedirlle ao Sr. Alcalde de A Guarda solución de muitos problemas graves sobre Seguridade Vial que temos no termo municipal de A Guarda, e que desde fai bastante tempo vimos denunciando e pedindo solucións.
Compre salientar que ÁBACO non recibiu resposta á carta que presentaran no Concello de A Guarda, o pasado día 21 de xuño de 2010, rexistrada co nº 4.448, logo de ter unha xuntanza co Sr. Alcalde e co Concelleiro de Tráfego, na que eles mesmos lle recomendaron que expuxeran por escrito os problemas para os que desexaban solucions.
Pasado o tempo, e en vista que por parte do Grupo Municipal de Goberno non tiveron a dignidade de atender nin as propostas da asociación Stop Accidentes, nin ás peticións de ÁBACO; tanto o Sr. Alcalde como o Concelleiro de Tráfego demostraron novamente o pouco que lles importa o benestar os veciños. Eles saben ben que nós non nos renderemos e que xa temos denunciando estes problemas diante doutros orgaismos competentes, e seguiremos loitando antes que pase algunha desgraza grave.
Antonio José Uris Alonso
Colabourador de Stop Accidentes
Ningún comentario:
Publicar un comentario