RECEPCIÓN E APOIO DA DEPUTACIÓN AO CLUB OURENSE BALONCESTO

Infogauda / Ourense
Os xogadores, directivos e corpo técnico do Clube Ourense Baloncesto (COB) asistiron hoxe á recepción oficial ofrecida polo presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, que tivo lugar no Salón de Plenos da institución provincial. A plantilla do COB estaba encabezada polo seu presidente, Jorge Bermello, quen explicou as novidades da presente campaña e agradeceu a José Luis Baltar o apoio que ven prestando, tanto a título persoal como dende a Deputación, “para que o Cl ube Ourense Baloncesto poida seguir levando con orgullo o nome da nosa provincia aló por onde vai”.
Tamén agradeceu Jorge Bermello ao xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o apoio que ten demostrado co clube a través do Padroado de Turismo, o que posibilitará que todo o equipamento do COB leve a palabra “Ourense” e o escudo da provincia. “Somos a plantilla máis barata da liga, pero posiblemente a que máis ilusión ten por acadar resultados que fagan sentir aos nosos cidadáns orgullosos do seu equipo de baloncesto”, dixo Jorge Bermello.

Pola súa banda, José Luis Baltar destacou “o grande sacrificio que tivemos que facer durante anos para conseguir levar ao equipo á ACB, e logo dunha etapa de transición, agora o COB volve rexurdir cun presidente de luxo, que colleu con paixón esta tarefa, e que ten demostrada unha gran capacidade de xestión para resolver os problemas que lle xurden”.
O presidente da Deputación dixo, dirixíndose aos xogadores e ao corpo técnico, que o feito de ser a plantilla máis económica da liga “pode significar tamén que sexa a mellor plantilla no deportivo; e para que así sexa temos que apoiar todos: institucións e cidadáns, para que gañedes en confianza e traballedes por acadar os mellores resultados”.
Logo do acto protocolario, José Luis Baltar entregoulle un agasallo aos integrantes do COB, e lembrou que este ano “acertouse co adestrador e cos xogadores, e que agora queda levar o nome da nosa provincia por España adiante e facelo con dedicación, orgullo e profesionalidade. Seguro que se todos trabamos unidos os bos resultados acompañarannos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario