O TERCERMUNDISMO ESTÁ EN TUI
RENOVAR O D.N.I. NA CIDADE MIÑOTA: UN TRÁMITE QUE DEMOSTRA CRARAMENTE A "MODERNIDADE" DO ESTADO ESPAÑOL
En moitas ocasións, para referirnos o estado dalgunhas instalacións ou servizos, públicos ou privados, decimos que é própio do Terceiro Mundo, como si éste se atopase lonxe de nós. E non é verdade. O Terceiro Mundo está eiquí, preto de nós, no Baixo Miño. Para sermos máis precisos: O Terceiro Mundo está en Tui.
Infogauda / Baixo Miño
Dígannos se nOn é própio do Terceiro Mundo que moitos veciños da bisbarra miñota teñan que faer cola diariamente, desde a noite da xornada anterior, ou madrugando ás 3.00 ou 4.00 da mañanciña para poder conquerir un dos 25 números que lles permita renovar o seu DNI na comisaría de Policía de Tui.
A situación é própia dos países máis atrasados económica e tecnolóximente, por moito que algúns caciques de novo cuño, que se dín de esquerdas, tenten vendernos a imaxe de que estamos n´un país moderno.
O problema agrávase nos meses de verán xa que a afluenza de público é maior.
Os cidadáns - léase contribuíntes - consideran que ás infraestructuras para á tramitación do D.N.I. son a todas luces insuficientes tanto en Tui como en Salvaterra.
Quén é o responsable desta vergoñenta situación? A resposta ténna o Ministerio do Interior, en primeiro lugar, e por extensión o Goberno presidido por ese ineficaz que pasará a historia deste país, como o presidente máis antiobreiro, que se chama José Luís Rodríguez Zapatero.
De nada vale a boa disposición dos funcionarios adscritos o servizo de renovación de DNI ou de expedición do DNI electrónico e tamén dos pasaportes. Hai unha plantilla humana insuficiente e ademáis contan con poucos medios. Ademáis, iso, o Ministerio do Interior incumple a normativa vixente en materia de supresión de barreiras arquitectónicas, de tal xeito que unha persoa con mobilidade reducida tén que ser axudada por un semellante para poder acceder ás instalacións da Comisaría da Policía Nacional en Tui. Outra vergoña máis.
Segundo pudo saber Infogauda a Comisaría de Tui dispón de dúas máquinas para a tramitación dos DNI, que conectan coa central en Madrid mediante liña telefónica a través de modem. O apropiado sería, se non dispor de máis máquinas, acondicionalas aos tempos que corren, habilitando liñas ADSL con conexión de Internet de banda ancha
Compre salientar que en toda a provincia de Pontevedra só é posible realizar este trámite con cita previa en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, unha cuestión que reclaman desde fai anos moitos cidadáns da comarca do Baixo Miño, o que sen dúbida evitaría as colas de madrugada ás portas da comisaría.
Por iso, proclamamos que o Terceiro Mundo está moi preto de nós: En Tui, para sermos máis exactos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario