IMPORTANTE ACTIVIDADE DA CRUZ VERMELLA
A Deputación provincial de Ourense ven de editar a memoria anual da Cruz Vermella, un traballo co que a institución provincial quere apoiar o labor que está a realizar na provincia de Ourense esta organización humanitaria.
A memoria recolle as actividades que Cruz Vermella levou a cabo no ano 2009 en Oure nse, entre as que destacan temas de intervención social, accións de emprego para colectivos vulnerables, programas e actuacións de socorro e emerxencias, cooperación internacional, formación e voluntariado.
A memoria recolle as actividades que Cruz Vermella levou a cabo no ano 2009 en Oure nse, entre as que destacan temas de intervención social, accións de emprego para colectivos vulnerables, programas e actuacións de socorro e emerxencias, cooperación internacional, formación e voluntariado.
A presidenta de Cruz Vermella Ourense, Teresa Rodríguez, explica na memoria que a institución pretende con este informe “que a sociedade coñeza o noso labor e os proxectos que desenvolvemos, e tamén que coñeza a evolución de Cruz Vermella e a súa adaptación á realidade social do contorno ourensán”.
Pola súa banda, a Deputación de Ourense, que ten entre as súas prioridades o desenvolvemento de proxectos que melloren os servizos e infraestruturas dos concellos do rural ourensá, seguirá colaborando coa Cruz Vermella de Ourense para que o seu traballo redunde en beneficio de todos os cidadáns, e así conseguir acadar mellor benestar e calidade de vida, especialmente das persoas e colectivos sociais que máis o necesitan.
A memoria de Cruz Vermella Ourense reflicte que a institución conta na provincia con 3.790 voluntarios e 6.244 socios. No Plan de Intervención Social, no que desenvolve iniciativas como o Centro de Día, préstamo de axudas técnicas, axuda no fogar, teleasistencia, e programas de apoio ás familias e “Envellecemento saudable”, leva a cabo anualmente máis de 170.000 intervencións e contabiliza máis de 21.800 persoas atendidas, tanto neste como noutros plans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario