FOGO NOS MONTES DE VILANOVA DE CERVEIRA
Infogauda / Alto Minho
Continuando a oleada de lumes - léase terrorismo ambiental - que neste verán tén queimado a pouca vexetación árborea e arbustiva que quedaba no Norte de Portugal, o pasado venres os veciños dos núcleos poboacionais situados preto do río Miño, enfronte ó concello galego do Rosal víronse nunha situación extrema debida a proximidade das lapas que queimaron os montes que se atopan entre os concellos portugueses de Caminha e Vila Nova de Cerveira.
Qué hai detrás deste lumes? Quén os promove? Porqué non se adoitan as medidas preventivas para evita-los?
O que é indubidable é que detrás destes fogos hai uns presuntos intereses espúreos. Se facemos unha comparativa entre as imaxes fotográficas de fai uns anos e as de hoxendía, podemos apreciar algunhas das craves que poden levarnos a un diagnóstico desta lacra. Que fán para evita-lo súas señorías con escano na Asamblea da República? Qué fán ás Juntas de Freguesía? Qué fán ás Cámaras Municipais?
Hai que parar, dunha vez por todas, ese terrorismo no que todos perdemos. A lexislación aplicable debe ser rigurosa e a política de repoboación debe apostar pola rexeneración dos montes queimados, a traverso de especies autóctonas, erradicando as pirófitas que son as que contribúen o empobrecimento do solo.
Premer eiquí para ollar á galería de imaxes de Lalo Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario