8 de ago. de 2010

A GUARDA

EXITOSA ACTUACIÓN DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE ACORDEÓNS DE BILBAO

Fotografías: Lalo Rodríguez / A Guarda


Infogauda / A Guarda
Como habíamos informado previamente, o Auditorio San Bieito - que por certo require unha remodelación que non debera demorarse - acolleu na tardiña de onte unha magnífica actuación da Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao.
Dirixida por Amagoia Loroño, a BAOS (Bilbako Akordeoi Orkestra Sinfonikoa), interpretou maxistralmente unha escolma de pezas que fixo disfroitar o respectable que ateigaba o devandito espacio aberto, preto da Ribeira de A Guarda, premiando con merecidos aplausos a refrescante actuación desa emblemática formación fundada en 1969 por Josu Loroño Elguezabal.
A Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao interpretou un programa de música moi variada (pezas de Zarzuela, pasodobles, temas rusos, galegos,...), que cautivou o público de A Guarda e visitantes.
O concerto foi patrocinado por Caixanova.

Ningún comentario:

Publicar un comentario