MILA CASTRO E NATI URIS EXPOÑEN SÚAS PINTURAS NA LIGA DE AMIGOS, DO ROSAL
- A mostra pode visitarse nesta fin de seman, en horario de mañán e de tarde

Infogauda / O Rosal
O salón principal da Sociedade Liga de Amigos, do Rosal, acolle esta fín de semán, unha exposición de pinturas de Mila Castro e Nati Uris.
Mila Castro e Nati Uris amosan unha boa mostra de cadansúa labor creativa, na que podemos ollar paisaxes, figuras, retratos, bodegóns,..., realizados maioritariamente con pinturas acrílicas, óleo, lápices, técnicas mixtas,...
Nesta feliz confluencia artística podemos ollar diferentes estilos e técnicas, nas que ambalasdúas artistas noveis teñen explorado na súa andaina artística persoal.
A exposición de Nati Uris e Mila Castro é unha formidable oportunidade para achegarnos até a Liga de Amigos do Rosal e disfroitar das súas instalacións namentras contemplamos ás pinturas e dibuxos de dúas mulleres vencelladas pola amizade e a Arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario