8 de xul. de 2010

OURENSE

A VEIGA ACOLLE A FEIRA “TREVENATIO” DE OCIO E NATUREZA






Trevenatio 2010, a feira de ocio e conservación da natureza que se organiza no concello de A Veiga, foi presentada esta mañá na Deputación e terá lugar os días 16, 17 e 18 de xullo neste concello da montaña oriental da provincia.
Organizada polo Inorde, acollerá actividades como tir o con arco, piragüismo, ciclismo, cetrería, sendeirismo, actividades de orientación, xogos tradicionais, espectáculo ecuestre e rutas gastronómicas, ademais de caza e pesca.


Moncho Borrajo será o pregoeiro deste evento e contarase coa actuación do grupo Mutenrohi.


A carón da gran cima de Galicia, Pena Trevinca, a Praia dos Franceses a collerá a mayor parte das actividades lúdico-festivas.


Á presentación acudíu o alcalde da Veiga, Edesio Yañez, e o presidente e xerente do Inorde, José Manuel Freire Couto e José Manuel Rodríguez, respectivamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario