SOGARPO PRESENTA EN OURENSE AS SÚAS LIÑAS DE APOIO ÁS EMPRESAS
Sogarpo (Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra en Ourense) presentou no Centro Cultural da Deputación as súas liñas de axudas e apoio ás empresas, consistentes en ofrecer garantías para que os empresarios poidan acceder a créditos bancarios en boas condicións de tipos de interés. Tamén agradeceu o apoio da Deputación “dende hai moito tempo”.
Actualmente hai 2.000 pequenas empresas de Ourense que son socias de Sogarpo e a sociedade ten convenios directos coas entidades financieiras polo que o empresario xa non ten que negociar o crédito senón que se tramita de maneira directa cuns tipos medios de euribor máis 0,5 de interese.Sogarpo é un sistema garantista para os bancos e caixas, posto que aos 90 días de un impago dun crédito avalado pola sociedade, esta liquida en efectivo a débeda co banco.

A directora de Sogarpo, Margarita Fernández Antonio, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense no seu programa e dixo que “dende hai moitos anos a Deputación de Ourense ven facendo unha aposta decidida ao noso fondo de garantía para que poidamos avalar cada día máis”.
Sobre as peticións que reciben indicou que se detecta unha gran necesidade de diñeiro “circulante” porque hai notables tensións de tesoureiría nas empresas ao tardar en cobrar ou que teñen impagados que lles afectan á súa liquidez.
O ano pasado Sogarpo formalizou 1.316 avais, dos que o 35% corresponderon á provincia de Ourense. Para o vindeiro ano ten previsto incrementalos nun 34 por cento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario