PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN E RECTOR APOSTAN POR UNHA COLABORACIÓN “INCONDICIONAL E INTELIXENTE”

Infogauda / Ourense
O Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, e o Rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, mantiveron esta mañá a súa primeira reunión conxunta e ámbolos dous apostaron por seguir desenvolvendo unha colaboración “incondicional e intelixente” coa que afrontar a actual situación de crise económica.
Baltar Pumar felicitou ao Rector pola súa recente victoria e díxolle que “a deputación ten postas moitas esperanzas no Campus de Ourense”, polo que se declarou como un “aliado do rectorado e da universidade para todo aquel proxecto que se nos presente”.Baltar lembrou a colaboración “excelente” que a Deputación ven mantendo de maneira estable co campus ourensán e dixo que despois da conversa co novo Rector “teño que decir que é o que máis me ilusionou no primeiro día”, ao tempo que aludíu a diversos aspectos a desenvolver conxuntamente en materias estratéxicas coma o turismo. “Na aposta que a Universidade faga polo campus de Ourense estará sempre a Deputación”, rematou Baltar.

O Rector, pola súa banda, amosou a súa satisfacción por esta primeira visita e lembrou que a Deputación de Ourense “sempre foi un aliado estratéxico e gran compañeiro de viaxe da Universidade neste campus e nos seus proxectos”.
Salustiano Mato lembrou algúns proxectos dos que íl xa tiña coñecemento desa colaboración como a construcción recente da biblioteca e das piscinas do campus. Non eludiu a actual situación de crise e dixo que “nos momentos de dificultade temos que pensar en colaboración intelixente”, ao tempo que abogou por unha futura colaboración que vaia máis alá das institucións e “que chegue ao tecido real, aos sectores sociais e económicos”.
En materia de turismo, dixo que “Ourense pode ser a capital dun novo turismo”, en alusión as cualidades da vida no interior, cun estilo marcado pola calma, a serenidade e unha oferta diferenciadora. Tamén se mostrou defensor dun traballo “en rede”, no que se impliquen os diferentes estamentos da sociedade e con conceptos aglutinadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario