
Infogauda / Ourense
O novo Presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Celso Barbosa, foi recibido hoxe, xunto co seu equipo directivo, polo Presidente da Deputación provincial, José Luis Baltar.
Barbosa expresou o seu compromiso de “traballar pola Cámara e por Ourense” e pe diu da Deputación “a colaboración institucional que sei que imos ter”. Deste xeito, anunciou que cando veña á Deputación viría “con proxectos claros e concisos” para rentabilizar o tempo e os esforzos.“Queremos traballar e que nos deixen traballar” díxolle o novo responsable da Cámara ao titular da Deputación, mentres que Baltar abogou porque neste mandato se conseguise recuperar o espiritu aglutinador que debe imperar na institución.Baltar Pumar comprometeuse, tanto persoal como institucionalmente, a abrir tódalas liñas de colaboración posibles “polo que estamos abertos para escoitar e axudar en tódolos proxectos serios que nos presenten”.“A nosa asignatura é Ourense e de Ourense é do que nos temos que preocupar todos”, acabou rematando ao final o Presidente da Deputación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario