OS NENOS SAHARAUIS QUE VERANEAN EN OURENSE VISITAN A DEPUTACIÓN
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibiu hoxe aos nenos saharauis que están a pasar as súas vacacións de verán con familias de acollida da provincia de Ourense. En total, este ano viñeron 50 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, que se encontran acollidos por familias en diferentes concellos da provincia de Ourense.
Os nenos recibiron un agasallo do presidente da Deputación, quen destacou a importancia deste traballo humanitario que desenvolven as familias ourensáns de acollida xunto coa Delegación Saharaui en Galicia e as demais organizacións que fan posible que ano tras ano os nenos do Sáhara poidan vir a Ourense. “Todos temos un sentimento de culpa por deixar abandonado ao pobo saharaui coas calamidades que leva sufrindo durante máis de trinta anos, e por iso queremos que a colaboración da Deputación neste proxecto sexa unha pequena aportación para axudar a estes nestes nenos para que disfruten durante o verán como calquera outro cidadán dunha vida que, por desgracia, non poden ter nos campamentos de refuxiados onde viven”, dixo José Luis Baltar.

O presidente provincial destacou “o desinteresado traballo que fan as familias ourensáns que acollen durante dous meses a estes nenos, familias que abren a súa casa desinteresadamente pero coa satisfacción e o convencemento de que están a facer unha labor humanitaria impagable”.
Os vínculos afectivos que se crean entre nenos e familias de acollida van máis aló das estancias veraniegas, e en moitos casos a relación prolóngase durante os anos seguintes nos que os nenos regresan a Ourense para estar coas súas familias de acollida, e mesmo hai pais de acollida que viaxan en ocasións ao Sáhara en datas como o Nadal. “Isto debe facernos reflexionar ás institucións sobre a grande importancia desta labor humanitaria, e por elo a Deputación de Ourense colabora e seguirá colaborando con este programa de “Vacacions en Paz”, explicou José Luis Baltar.
Pola súa banda, o delegado saharaui en Galicia, Ahmedu Mojtar, agradeceu o apoio da Deputación de Ourense á Asociación de Amigos do Pobo Saharaui. “Mentres o pobo do Sáhara non poida decidir libremente o seu futuro agradecemos moito esta man solidaria que se nos tende, sobre todo dirixida á parte máis vulnerable da nosa poboación coma son os nenos”. Fixo extensivo o delegado o agradecemento a todos os que colaboran no programa, “e sobre todo grazas ás familias, que abren o seu corazón para que estes pequenos embaixadores saharauis da paz poidan disfrutar dunhas vacacións tranquilas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario