GAITAS E BICA CELEBRAN XUNTOS UNHA DAS FESTAS MÁIS TRADICIONAIS DA PROVINCIA DE OURENSE

Infogauda / Ourense
As gaitas e a bica serán os protagonistas o vindeiro fin de en Ourense, en senllas festas que constitúen un referente nas celebracións veraniegas da provincia de Ourense. Hoxe presentáronse conxuntamente na Deputación de Ourense estes dous eventos: o “I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas” de Manzaneda e a “38º edición da Festa da Bica” de Trives, que reunirán a miles de persoas nestes dous concellos ourensáns.
O Campionato de Bandas de Gaitas, que este ano se organiza baixo a nova denominación de “Celtibérico”, leva vinte anos celebrándose en Cabeza de Manzaneda, e constitúe a primeira e a máis importante festa de bandas de gaitas de cantas se celebran en Galicia, e que supón, ademais, un recoñecemento ao que fora alcalde de Manzaneda Gabino García, pola súa labor a prol da promoción desta festa.
O Campionato de Bandas de Gaitas, que este ano se organiza baixo a nova denominación de “Celtibérico”, leva vinte anos celebrándose en Cabeza de Manzaneda, e constitúe a primeira e a máis importante festa de bandas de gaitas de cantas se celebran en Galicia, e que supón, ademais, un recoñecemento ao que fora alcalde de Manzaneda Gabino García, pola súa labor a prol da promoción desta festa.
O presidente da Deputación, José Luis Baltar, referiuse ao feito de que se tentase trasladar esta festa dende Manzaneda para organizala en Santiago, afirmando que nós “non nos opoñemos a que se organicen outros eventos de gaitas en calquera lugar de Galicia, pero co que non estamos de acordo é con que se tente levar de Ourense unha festa que foi a primeira en Galicia destas características e que conta cunha fonda tradición na nosa provincia. Por elo, seguiremos apoiando o campionato de gaitas de Manzaneda e desexámoslle que siga tendo o éxito que ten acadado ata o de agora”.
No acto estiveron presentes os alcaldes de Manzaneda, David Rodríguez, e de Trives, Luis Álvarez, así como o xerente da Estación de Cabeza de Manzaneda, Luis Gurriarán, quen coincidiron en afirmar que o campionato de gaitas e a festa da bica son dúas celebracións “da máxima importancia” para estas comarcas polo que supón de promoción turística e de dinamismo social.
O Campionato Celtibérico comezará o sábado 31 de xullo, ás 22.00 horas, coa celebración da “Noite Celta”, na que se celebrarán as competicións de gaiteiros solistas, redobrantes solistas, corpos de percusión, cuartetos e pandereteiras, rematando cun concerto do grupo folk “Quempallou”. O domingo, día 1 de agosto, terá lugar ás 9.55 horas a cerimonia de izado de bandeiras, na que estará presente o presidente da Deputación de Ourense, e posteriormente celebrarase o I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas, para rematar ás 14.00 horas coa entrega de diplomas e trofeos.
Polo que atinxe á Festa da Bica, que este ano acada a súa 38º edición, repartiranse máis de 3.000 racións de bica, acompañada de licor café para poder degustar un dos máis característicos postres da gastronomía galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario