BALTAR MEDIARÁ ANTE A XUNTA A PETICIÓN DOS MENORES DE MONTEALEGRE
O presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, comprometeuse hoxe cos menores do Centro de Montealegre a facer as xestións oportunas ante a Xunta de Galicia para buscar unha solución ao problema suscitado coa cadela que vive no centro dende hai sete anos, e que a Consellería de Traballo e Benestar Social está estudando buscarlle outro fogar por razóns sanitarias, de hixiene e de seguridade para os nenos.
José Luis Baltar reuniuse con tres menores, representantes dos internos do centro de Montealegre, e propúxolles intermediar ante a Xunta e mesmo poñer a disposición do centro de Montealegre un veterinario para que cada semana supervise as condicións sanitarias da cadela, con fin de garantir as mellores condicións para a convivencia do animal cos menores residentes no centro e co persoal que alí traballa.

Ademais, José Luis Baltar proporá que se avalíen por parte dos técnicos todos os pros e contras da estancia da cadela no centro, e no caso de que haxa deficiencias ou cuestións que se poidan mellorar, “que se leven a cabo para ver se é posible manter á cadela en Montealegre, porque isto no fondo é unha cuestión sentimental, xa que os nenos e xoves que alí residen levan anos convivindo coa cadela e encariñándose con ela. Neste senso, a Deputación fará todo o posible para que, se se dan as mellores condicións e as máximas garantías de hixiene e seguridade, a cadela poida seguir en Montealegre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario