Fai uns días informábamos da existencia dunha verdadeira "selva" de herballos no sendeiro de acceso a unha vivenda ubicada no termo municipal de A Guarda. Unha das persoas que habitan a referida vivenda, tivo a ben dirixirse os medios de comunicación dixitais existentes na vila guardesa. A queixa, perfectamente xustificada, debeu ser "escoitada" - xa era sen tempo!!! -, e desde o pasado luns, segundo vén de informarnos a mesma persoa que no seu día nos comunicara a existencia desa "zoa selvática", alguén fixo o traballo desexado. Agardamos que non haxa necesidade de voltar a reitera-la petición ano tras ano, como até agora viña acontecendo.
1 de xul. de 2010
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario