1 de xul. de 2010

A GUARDA

CELSO RODRIGUEZ FARIÑAS, CONCELLEIRO PORTAVOZ DE TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL SOLICITA QUE O IMPORTE DA INVITACIÓN A ESTE GRUPO PARA ASISTIR Á COMIDA OFICIAL DA XX FESTA DA LAGOSTA SEXA DESTINADO A PAGA-LOS PREMIADOS NO DESFILE DE CARNAVAL DESTE ANO



Infogauda / A Guarda

En nome do Grupo Municipal Terra Galega / Iniciativa Vecinal, o concelleiro portavoz desta formación na corporación municipal guardesa, Celso Rodríguez Fariñas presentou no Concello de A Guarda (Rexistro de Entradas nº 4.738, de data 29 de xuño de 2010), un escrito no que dí textualmente o seguinte:

Habendo reciibido no día de onte pola Policía Local, a invitación institucional para a XX Festa da Langosta, tendo en conta os tempos de crise económica que están sufrindo os concellos, e que entre outras motivacións se reflexa en que nenos/as, veciños/as, a modo individual ou en grupo, ainda non cobraron os premios do Desfile de Carnaval,

SOLICITAMOS:
Que o importe da comida oficiial recibida en dita invitación para este grupo político, sexa usada para ditos pagos, tendo en conta que moitos dos premios son cantidades non superiores os 50 euros.
A Guarda, 29 de xuño de 2010.
Celso Rodríguez Fariñas.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA

Anónimo dixo:

Outro populista.
Celso R. Fariñas dixo:
O anónimo "escondido" non da unha, pero coitado, para que non o sinalen co dedo, identifícase como poide. Seguro que lle gustaría dar a cara, pero a súa "valentía" non o deixa. ¡Que lle imos facer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario