O PORTO NON PASARÍA UNHA INSPECCIÓN
Infogauda / A Guarda
En pleno verán, algúns prebostes bateron seu própio récord de necedade. Tendo como tiveron, tempo dabondo para programa-los traballos de fresado - entre outros - na rúa Avenida Fernández Albor; no día de hoxe, 5 de xullo de 2010, foi cando foron acometidas esas obras, perxudicando directamente os hostaleiros ubicados nesa rúa. E ademáis, ofrecendo unha imaxe cando menos, deplorable. En lugar de coidar, mimar e facerlles a vida máis doada os visitantes, que para eso veñen a deixarse a nosa vila os seus euros; algúns munícipes non puderon atopar data máis inaxeitada para que a empresa correspondente, se puxera con eses traballos, que ademáis de conlevar o peche o tráfego rodado nese vial, levantar pó, xerar ruídos, movimentos de vehículos de grande tonelaxe e outros inconvintes que os veciños, os visitantes e os hostaleiros tiveron que aturar; supuxo importantes perdas na recadación dos establementos hostaleiros desa zoa.
Pero ademáis diso, que certamente tén a súa gravidade, queremos deixar constancia que o porto guardés amosa craramente a falla de limpeza das súas augas. E non nos referimos a proliferación estacional de algas, senón a presenza, reiterada no tempo e antiestética, de compresas de celulosa, frotando nas serenas augas da badía guardesa, causando un impacto visual que ben podería evitarse, se se correxisen as presuntas deficiencias no funcionamento da rede de saneamento municipal, e o mesmo tempo, se fixese unha "captura" dese tipo de "obxectos flotantes". Tan soio é necesaria unha embarcación, un tripulante provisto dun salabre e un caldeiro para deposita-los exemplares capturados. E posteriormente deposita-los no lugar axeitado e proceder segundo o protocolo que corresponda para ese tipo de lixo.
Non facer esa labor, siquera unha vez por semana, alomenos na tempada de verán, tén como resultado ofrecer unha imaxe que "salta" á vista de todos. O que é muito decir, porque o concelleiro do ramo, con adicación parcial e á correspondente asignación mensual que pagan tódolos veciños de A Guarda, está craro que non se enteira da situación. E os demáis, da troupe - incluída a perceptora doutra adicación parcial, que debera preocuparse de ofrecer a veciños e visitantes, unha imaxe turística acorde coa beleza natural de A Guarda - tampouco.
Diso queríamos tratar desde xa fai bastante tempo. Non o fixemos antes, para darlles tempo a que o equipo de goberno subsanase de motu propio esa incidencia. Como se pode comprobar, non foi así. Por iso agora abordamos esa cuestión na confianza en que os "obxectos flotantes" non sexan imprescindibles para a supervivencia dalgunha especie en vías de extinción. Se así fose, que non retiren as compresas de celulosa!!! Non vaia a ser!!!
Ironías aparte: Que limpen o porto, porque como está hoxendía non pasaría unha inspección. É o porto de A Guarda é un dos encraves que focalizan moitas das visitas turísticas que se rexistran no pobo guardés.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
En el Paseo Marítimo hay unas tres tapas de alcantarillado que habitualmente los empleados del Ayuntamiento tienen que hacer una limpieza por no funcionar bien la red. Cuando hacen esa limpieza quedan muchos restos de compresas, papeles, etc. etc. en el suelo, que bien ellos mismos los podían recoger y no quedar para los que paseamos por ese lugar tener que hacer zig-zag para no pisarlas. Como no recogen las del Paseo, veo difícil que se interesen por las que están flotando.
También es lamentable el estado que se encuentra el contorno de las casetas que usan los marineros, tendrían que adecentar un poco la zona para los que visiten ese lugar no se lleven una mala impresión. En los puertos de las Rías Altas también tienen ese tipo de casetas y no tienen nada fuera de ellas.
Anónimo dixo:
A limpeza debera empezar na casa de cada un. As compresas, xa que se citan, non son para tirar polo retrete e así deixarían de estar flotando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario