17 de xuño de 2010

TOMIÑO

Acto do BNG en Tomiño coincidindo co terceiro aniversario da chegada ao Goberno Municipal



Infogauda / Tomiño



O vindeiro venres día 18 de xuño, o BNG celebra un acto público en Tomiño coincidindo co terceiro aniversario da chegada da organización nacionalista ao Goberno Municipal.
O acto, no que se fará un balance da actuación do Goberno Municipal ao longo destes tres anos, terá lugar na Casa da Cultura a partir das 21:30h. e contará coa intervención de Cristina Martínez - Responsábel Local do BNG en Tomiño -, Carlos Aymerich - Portavoz do BNG no Parlamento Galego - e Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario