UN GRUPO DE 21 PERSOAS DO PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL "MOBILIA II" MELLORARÁ O MOBILIARIO URBANO DE O ROSAL, OIA, TUI E MOS
As melloras realizaránse en casetas de información turística e pistas deportivas mediante obras de soldadura e carpintería
Infogauda / Pontevedra
Os 21 alumnos do Obradoiro de Emprego “MOBILIA II”, da Deputación de Pontevedra, realizarán obras de mellora no mobiliario urbano de catro concellos das comarcas de Baixo Miño e Louriña (O Rosal, Oia, Tui e Mos). Neste caso, infraestruturas fabricadas ó abeiro desta iniciativa perfeccionarán casetas de información turística e varias pistas polideportivas dos citados municipios, nas que se acometerán obras de soldadura e carpintería.
As casetas de información turística que serán melloradas pertencen ós concellos de Mos e Oia; O Rosal e, novamente Mos, son os municipios nos que se perfeccionará a pista deportiva.
O Obradoiro de Emprego “MOBILIA II”
Se trata da segunda edición dun obradoiro de emprego organizado pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, a Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, cun orzamento total de 550.000 euros. O seu obxectivo principal é formar a persoas en situación de desemprego, maiores de 25 anos, nas especialidades de soldadura e carpintería metálica e de madeira para conseguir a súa posterior inserción laboral.
A duración de MOBILIA II é de 12 meses (do 21 de decembro de 2009 ó 20 de decembro do ano seguinte), durante os cales se formará a 21 persoas (5 mulleres e 16 homes). O final do obradoiro os alumnos recibirán cadanseu certificado profesional de Carpinteiro e Barnizador-Lacador ou de Soldadura e Carpintería Metálica.
As obras de mellora recaerán nun total de 17 concellos da provincia de Pontevedra (Ponteareas, Meis, Mos, Oia, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Arbo, As Neves, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, O Rosal, Pazos de Borbén, Campolameiro, Barro, Lalín e Tui).

Ningún comentario:
Publicar un comentario