24 de xuño de 2010

MUROS

MAGNÍFICA LABOR DOS REMEIROS DE ROBALEIRA NA 2ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE TRAIÑAS
Miguelorio Vicente González / Esteiro (Muros)
A pasada fin de semana a LGT (Liga Galega Traiñas) desplazouse ata Esteiro-Muros onde se disputaba a 2ª xornada de dita Liga.
Unha regata onde Samertolameu de Meira voltou a conqueri-la victoria cun tempo de 20:17, e convírtese no favorito a conqueri-la Liga e pasa a ser o gran rival a batir por clubes coma: Chapela, Náutico de Vigo, Amegrove, Mecos e Cabo da Cruz.
Fora desta loita atópase o noso clube que firmou una moi boa 9 posición sobrepasando tódalas expectativas plantexadas o comezo desta aventura como é a LGT. O noso equipo logrou mellorar un posto conforme a xornada inaugural polo que as sensacións son boas e os remeiros están cheos de optimismo.

Robaleira competiu na tanda de plata (3/4) con: Mecos, Vilaxoán, Ares e Cabana cá cal proporcionaron un gran dó, durante a regata só resolto no último longo no que se impuxo a tripulación de A Guarda por 2 segundos escasos pelexando ata a última palada. Unha posición sufrida e meritoria xa que cabe recordar que somos os novatos da competición, como din os propios remeiros, aínda que a gran maioría ten anos de competición noutras modalidades do remo. Segundo un dos adestradores, Miguel V. comenta: “Estamos moi contentos e sorprendidos dos resultados, xa que as nosas aspiracións para o remate da tempada eran as de acadar estes postos e non o principio”.
Tamén comenta que: “Non nos conformaremos só con isto , se podemos faelo mellor farase xa que seguimos traballando.”
Esta fin de semán que ven suspéndese a Liga xa que se celebra o Campionato de España de Remo Olimpico en Bañolas, no que Robaleira tamén estará competindo con Alex e Jorge en doble e con Oscar en Skiff despois de clasificarse a semana pasada en Castrelo do Miño onde se celebrou o Campionato Galego, no que Jorge e Alex quedaron 1º, e Oscar 2º en Absoluto e Sub 23. (Competiu en 2 categorías).

Ningún comentario:

Publicar un comentario