PRESENTACIÓN DA REVISTA DE CORAL DA RUADA
Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do nº 8 da revista da Coral de Ruada, patrocinada pola institución provincial, que neste número rende unha especial homenaxe a Alexandre Bóveda, “adicándolle un especial a unha faceta descoñecida deste persoeiro: a de coralista”, segundo explicou o presidente da Coral de Ruada, Eladio Quevedo.
O traballo sobre Alexandre Bóveda realizouno o coralista Xaquín Vales “Xocas”, quen explica que Bóveda iniciouse na afeizón coral no Orfeón Unión Orensana, e posiblemente na Coral de Ruada, para pasar posteriormente á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, onde actuou como tenor solista interpretando o tema “Canto de Ourense”, que el mesmo escribíu.
No acto de presentación da revista tamén estiveron presentes directivos da coral e o coordinador da mesma Emilio Rodríguez, quen comentou que neste novo número mantéñense as seccións habituais como: Discografía propia, Escribiron de nós, Colaboraicóns, In Memorian, Anecdotario da Coral e De coña, entre outras. Ademais dixo, a revista inclúe información das actividades da coral, e os correspondentes saúdas.
A revista ten unha tirada de 600 exemplares, que será distribuídos gratuítamente entre os coralistas, Amigos da Coral, medios de comunicación, institucións, bibliotecas e centros galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario