3 de xuño de 2010

OURENSE

MAÑÁ, NO CENTRO CULTURAL DA DEPUTACIÓN, ESCRITORES DO MUNDO ABREN O ACTO “LIBERA A PALABRA!”

Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle mañá venres, 4 de xuño, ás 19.00 horas, o acto “Libera a Palabra!”, unha iniciativa organizada polo PEN Internacional xunto co PEN Clube de Galicia, dentro da serie de actos que se están a desenvolver en Galicia con motivo da III Bienal Literaria Internacional e a IV Conferencia da Fundación Iberoamericana do PEN, patrocinados polo Consorcio de Santiago e a Consellería de Cultura e Turismo.
No acto “Libera a Palabra!” intervirán Luis González Tosar, presidente do Centro PEN Galicia, Xosé L. Méndez Ferrín, presidente da RAG, John Ralston Saul, presidente International PEN, e pechará o acto José Luis Baltar Pumar, presidente da Deputación de Ourense.De seguido, ás 20.00 terá lugar no Centro Cultural un recital poético denominado “Ourense de poetas”, presentado por José Antonio Santos Guede, do Círculo Poético Ourensán, e no que participarán Ana Becciu (Arxentina), Ómlo Bustos Aguirre (Colombia), Luis González Tosar e María Xosé Queizán (Galicia) e Reynaldo Valinho (Brasil).

Ningún comentario:

Publicar un comentario