A DEPUTACIÓN DE OURENSE E A FEGAMP ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR ACCIÓNS FORMATIVAS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL
Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización durante o ano 2010 de accións formativas para o persoal ao servizo da Administración Local na provincia de Ourense.
Para levar a cabo o programa formativo, do que se beneficiarán 80 traballadores da Administración Local, a Fegamp financiará a realización das actividades coa cantidade de 12.000 euros, mentres que a Deputación de Ourense seleccionará aos asistentes de cada acción formativa e comprométese a realizalas antes do 31 de decembro do presente ano.

Tanto José Luis Baltar como Carlos Fernández coincidiron en afirmar a excelente colaboración existente entre ambas entidades, e consideran fundamental atender as necesidades formativas dos empregados públicos –na actualidade hai na provincia de Ourense 5.700 traballadores da Administración Local-, entendendo que é “un valor estratéxico para a adaptación destes traballadores aos procesos de cambio e ás crecente complexidades na xestión diaria dos entes locais”, afirma José Luis Baltar.
O presidente provincial destaca ademais que nos tempos de crise que estamos a vivir “o mellor investimento que se pode facer e na formación dos recursos humanos; proba delo é o excelente traballo que está a realizar o Negociado de Formación da Deputación, co seu responsable, Carlos Castiñeiras, á cabeza, que inlclúe no seu Plan de formación un total de 56 cursos e máis de 70 actividades formativas”.
Pola súa banda, Carlos Fernández explicitou a importancia de seguir mantendo esta liña de colaboración coa Deputación de Ourense, “nun campo como a formación, que supón investir no futuro dos traballadores aportándolles as ferramentas de coñecemento que necesitan para levar a cabo a súa labor profesional”.
Os participantes nos cursos e seminarios que se impartirán ao abeiro deste convenio recibirán un diploma ou certificación acreditativa da súa participación ou asistencia, onde se fará constar que os cursos foron organizados conxuntamente pola Fegamp e pola Deputación provincial de Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario