A DEPUTACIÓN ACOLLE A PRESENTACIÓN DO RALLY DE OURENSE, O EVENTO DEPORTIVO MÁIS INTERNACIONAL DA NOSA PROVINCIA

Infogauda / Ourense
“É o evento deportivo, social e económico máis importante da provincia de Ourense”, así definiu hoxe o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o Rally de Ourense, que este ano chega a súa 43ª edición e que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de xuño.
A presentación desta prestixiosa proba automobilística tivo lugar hoxe no Centro Cultural da Deputación, coa presenza, ademais de José Luis Baltar, do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; do subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo; o presidente da Cámara de Comercio e membro do Padroado de Expourense, Ovidio Fernández Ojea; o representante da Secretaría Xeral para o Deporte, Marío Guede; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, e o presidente de Escudería Ourense, Adolfo de la Rúa.
A presentación desta prestixiosa proba automobilística tivo lugar hoxe no Centro Cultural da Deputación, coa presenza, ademais de José Luis Baltar, do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; do subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo; o presidente da Cámara de Comercio e membro do Padroado de Expourense, Ovidio Fernández Ojea; o representante da Secretaría Xeral para o Deporte, Marío Guede; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, e o presidente de Escudería Ourense, Adolfo de la Rúa.
José Luis Baltar afirmou que a Deputación de Ourense apoia co seu patrocinio ao Rally de Ourense “porque é de todos os ourensáns, e aínda que posiblemente é un dos menos dotados economicamente, no aspecto técnico e organizativo está á cabeza de cantos eventos destas características se celebran en España e posiblemente no ámbito internacional. Iso é a mellor mostra do esforzo e do bo facer dos organizadores, que foron capaces, a pesares da crise, de seguir mantendo o máximo nivel desta proba, que é un dos buques insignia para promocionar a nosa provincia”.
Nesta mesma liña, Adolfo de la Rúa dixo que o impacto e promoción que o rally ten na nosa sociedade “reflíctese nun estudio elaborado pola Universidade de Vigo, que revela que as información sobre o Rally de Ourense foron seguidas por 4,5 millóns de lectores, temos acreditados 130 xornalistas de 80 medios de comunicación e contamos cunha relación dos mellores pilotos que participarán na proba. Todo isto pon de manifesto que o Rally de Ourense é moito máis cunha proba deportiva: é ocio, turismo, gastronomía, miles de afeizoados e promoción, e ademais os cidadáns da nosa provincia séntense satisfeitos co desenvolvemento do Rally”.
Autoridades e organizadores pediron na presentación “prudencia aos afeizoados” á hora de realizar os desprazamentos para que a proba trasncorra como o que é unha festa do mundo do motor, e non haxa que lamentar incidentes. Para elo, a organización conta coa colaboración da Garda Civil e da Policía Local de Ourense, ademais de centos de voluntarios; todos eles velarán polo bo desenvolvemento do rally e pola seguridade de espectadores e participantes. A 43 edición do Rally de Ourense conta cun percorrido de 584 quilómetros, cun total de 12 tramos cronometrados, que suman 225 quilómetros cronometrados. A proba percorrerá numerosos pobos e concellos, como os de San Cibrao das Viñas, San Pedro de Rocas, Moreiras, A Seara, Vilariño Frío, Cañón do Sil e Luintra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario