Medio Ambiente licita a redacción do proxecto de trazado e construción do segundo treito da VAC Tui- A Guarda, entre Tomiño e Goián

Infogauda / Galicia
O estudo comparativo de alternativas sometido a información pública, no que se opta polo trazado sur, recibiu 24 alegacións fronte ás mais de 3.000 da alternativa norte tramitada polo bipartito.
A Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda está recollida dentro do Plan MOVE (Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica), cun orzamento que supera os 200 millóns de euros e ten unha lonxitude de 24,5 quilómetros.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
Dos que mangonean a Xunta non se pode esperar outra cousa máis que Corrupción , Prevaricación e Barbaridades como a que cometerán no trazado sur desta sangrante e deficiente autoestrada. Prefiren estragar unha zona protexida ecolóxicamente, esnaquizar a comarca do Baixo Miño coas súas obras faraónicas e fodernos a todos, antes de dar o brazo a torcer e escoitar aos afectados. Insisto, seremos todas e todos os afectados e cando vaiamos pola "estupenda autoestrada" a máis de 100 km por hora pensaremos: "Que bonito ERA o Baixo Miño". Mentres, alguén se estará frotando as mans polo ben que lle irá este novo presuposto máis custoso...
Míntennos constantemente e aínda lles sobra tempo para rirse de nós. Que pensarán os da outra beira do Miño?, alí síi que saben preservar a súa riqueza; por certo, teñen un tren que mellora as comunicacións, é barato e respeta o entorno sen impacto ambiental algún, a alguén da Xunta se lle ocorreu esa posibilidade? Canto mellorará a nosa comarca? Chegaremos a Vigo antes cos vigueses? En cantas horas? Non se entenden ese tremendo gasto cando se podería destinar a outras necesidades máis importantes.
Cultura e Turismo convoca un concurso de fotografía turística
‘Galicia...como a ves?’ busca as mellores imaxes fotográficas de Galicia que servirán como referencia para campañas de promoción do turismo galego.
Todos os afeccionados que queiran dar a coñecer Galicia a través das súas fotografías poderán participar, ata o 15 de xuño, no concurso Galicia... como a ves?, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, para a promoción turística de Galicia por medio de soportes publicitarios.
As fotografías gañadoras neste certame servirán de referencia para a realización da creatividade dunha campaña turística que se desenvolverá entre os meses de xullo e agosto para promocionar o destino turístico de forma xeral entre os visitantes que se acheguen a Galicia, co obxectivo de convidalos a descubrir o territorio galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario